Skip to main content

Area. Revista de Mulheres Nacionalistas Galegas

Helena GONZÁLEZ FERNÁNDEZ & Mariam MARIÑO COSTALES (coord. & ed.)
Mariám Mariño Costales,
Guillermo Manuel Corral Manzano
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / ADHUC-Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat
2018

Publicación ilustrada de tiraxe irregular (semestral ou anual) das Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG), organización que se vincula durante un tempo ao Bloque Nacionalista Galego (BNG), sen perder a súa identidade e autonomía, e logo ao Movemento de Livertaçom Nacional (MNL). A revista sitúase na liña do feminismo nacionalista, independentista, anticapitalista e de denuncia das diversas formas de opresión e colonización das mulleres e dos pobos. O primeiro número está impreso en Vigo aínda que algúns dos seguintes aparecen en Santiago de Compostela ou Ferrol. Presenta tres formatos en canto a tamaño e cores. O número 1 está impreso en branco e negro; entre o 2 e o 8 teñen feitura cadrada e pasan a ter portada a cor. Os números 9 a 11 recuperan o formato do primeiro número con portada a cor.

Sobre a edición dixital

Preséntanse aquí os 11 números de Area. Revista de Mulheres Nacionalistas Galegas, publicados entre maio de 1987 e o verán de 1993. A partir do número 5 a revista adopta progresivamente a normativa reintegracionista. Trátase dunha publicación da organización Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG), que ten como obxectivo promover o feminismo nacionalista, favorecer a participación das mulleres na propia publicación e actuar como voceiro da organización. Os eixos de debate son: os dereitos e a vida das mulleres, a sexualidade, o ámbito laboral, o independentismo, o pacifismo, a emigración e o desenvolvemento. A edición dixital, publicada en 2018, inclúe: resumo e datos da cabeceira; edición dixital íntegra en pdf; índice, índice documentado e resumo de cada número.

Esta edición dixital é un resultado do proxecto "Teoría de las emociones y el género en la cultura popular" (FEM2014-57076-P).