Skip to main content

Festa da palabra silenciada

Helena GONZÁLEZ FERNÁNDEZ & Mariam MARIÑO COSTALES (coord. & ed.)
Guillermo Manuel Corral Manzano,
Adina Mocanu,
Jennifer Rodriguez,
Wiozna Szukała ,
Kike Benlloch,
Miguel Alonso Fachado
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Centre Dona i Literatura / ADHUC
2017

Publicación anual ilustrada, promovida e editada en Vigo desde 1983 por Feministas Independentes Galegas (FIGA). O seu obxectivo é promover o pensamento, a investigación, o debate e a crítica feminista nos ámbitos da teoría, as ciencias sociais, as artes e a política, así como potenciar e visibilizar a creación das mulleres, en particular, na literatura e as artes visuais. A partir do número 14, a palabra “silenciada” que aparece na cabeceira minimízase xa que as editoras consideran que se viron cumpridas parte das súas reivindicacións e a partir dese número inclúen a participación de homes na revista. Co número 2 fíxase o deseño de maqueta característico da revista e a súa estructura estandarízase a partir do número 3 e inclúe as seguintes seccións: tema monográfico, miscelánea de artigos, crítica literaria e creación. As coordinadoras do número 0 foron Isabel Mouriz e María Xosé Queizán. Esta última será a única coordinadora desde o número 2 ata o 13 e a súa directora a partir do número 14. Margarita Ledo Andión é a deseñadora da revista que, a partir do número 2, presenta o seu formato característico con portada en cor e impresión en branco e negro.

Sobre a edición dixital

En 2014 publícanse os números 1 a 9; edición completa dos 30 números, en 2017. Inclúe: resumo e datos da cabeceira; edición dixital íntegra en pdf; índice, índice documentado e resumo de cada número. 

Esta edición dixital é un resultado do proxecto "Teoría de las emociones y el género en la cultura popular" (FEM2014-57076-P).