Todos os textos enviados pasan por un proceso de revisión editorial
dun mínimo de dúas avaliacións externas. As valoracións
envíanselles ás autoras ou autores por medio das coordinadoras
editoriais.
Os artigos deben ser orixinais. Poden estar escritos en catalán,
castelán, galego, euskera, inglés, francés, italiano
ou portugués.
Débense
enviar en soporte informático, preferiblemente en word ou rtf.
A extensión
máxima dos artigos e entrevistas é de 40.000 caracteres
(con espazos). Para as recensións é de 13.000 caracteres
(con espazos).
Os textos
poden corresponder aos apartados seguintes: "Miscelanea"
(ensaio sobre cuestións de xénero), "Recensións",
"Creación" e "Entrevistas".
As notas,
que non poderán ser exclusivamente bibliográfica, van
na mesma páxina a rodapé.
As referencias
bibliográficas das citas van dentro do texto e indícanse
entre parénteses o apelido do/a autor/a, ano de publicación
e páxina. Exemplo: (Riera, 2006: 14-16).
As citas de máis de cinco liñas van en parágrafo
novo, separadas do texto por unha liña en branco antes e despois,
sen comiñas.
A bibliografía
(só a citada no traballo) vai ao final por orde alfabética.
As referencias cítanse como se indica a seguir:
- Libros: Apelido, Nome (ano de publicación),
Título, Cidade, Editorial.
Exemplo: Bartrina, Francesca (2001), Caterina Albert, Víctor
Català. La voluptuositat de l´escriptura, Vic, Eumo.
- Edicións: Apelido, Nome (ed.) (ano de publicación),
Título, Cidade, Editorial.
Exemplo: Riera, Carme, Meri Torras i Isabel Clúa (eds.) (2002),
Perversas y divinas, València, Excultura.
- Artigos de revistas: Apelido, Nome (ano de publicación),
"Título", Revista, número: páxinas.
Exemplo: Carbonell, Neus (1997), "Feminisme, modernitat i narrativa
en Dolors Monserdà", Lectora, 3: 19-26.
- Capítulos de libros colectivos: Apelido,
Nome (ano de publicación), "Título", Título
do libro, Nome Apelido (ed.), Cidade, Editorial: Páxinas.
Exemplo: Coll, Mercedes (2000), "Crítica cinematográfica
y feminismo", Feminismo y crítica literaria, Marta
Segarra i Àngels Carabí (eds.), Barcelona, Icaria: 159-170.
- Documentos web: Apelido, Nome (ano de publicación [se se
coñece]),"Título do documento", Nome do
site, páxina (de habela), Data de consulta. <adreça
URL>.
Exemplo: Sabadell, Joana (2003), "Xénero e modelos literarios
nacionals", Vieiros. Estudios Galegos, 30/10/2003.
<http//www.vieiros.com/>
Os artigos e as entrevistas deben ir acompañados dun resumo
de 8-10 liñas e de 3-5 palabras chave na lingua do texto. Ademais
deben ir acompañados das traduccións, ao castelán
e o inglés, do título, resumo e palabras chave.