Celga: exames oficiais 2008


 

INSCRICIÓN

O prazo de inscrición para a segunda convocatoria remata o 19 de setembro de 2008 (inclusive). Pódese inscribir para presentarse aos exames Celga calquera persoa maior de 16 anos e para todos os niveis que se desexe incluso na mesma convocatoria.

Hai que solicitar cada nivel por separado e pagar a taxa para cada un deles.

Requisitos
da inscrición para a realización das probas do Celga:
1. Ser maior de 16 anos
2. Pagar as taxas (15,30 €) para ter dereito a exame. Como se fai?
3. Presentar na UB os seguintes documentos:

 
  • fotocopia de DNI
  • formulario de solicitude cumprimentado
  • e xustificante do pago das taxas

Entregar estes documentos a:
Kristal Veiga
Filologies Gallega i Portuguesa, bústia 37 (Pati de Lletres)

Facultat de Filologia, Universitat de Barcelona
Gran Via de les Corts Catalanes, 585
08007 Barcelona

  A listaxe de persoas admitidas para presentarse publicarase 15 días antes de cada proba en Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
   
   
 

REALIZACIÓN DAS PROBAS

O exame consta dunha proba escrita e unha proba oral confeccionadas pola Comisión Central de Avaliación da S.X.P.L. da Xunta de Galicia.
Hai unha data asignada pola S.X.P.L. da Xunta de Galicia para as probas escritas de cada un dos niveis nas dúas convocatorias. A hora da proba oral será publicada ao finalizar a proba escrita do nivel correspondente.
Débese acudir 20 minutos antes á proba escrita co documento de identidade e cun bolígrafo. Un/unha técnico/a avaliador/a xestionará a proba e responderá ás dúbidas das persoas examinadas no transcurso da proba.

A segunda convocatoria das probas Celga terán lugar na Facultat de Filosofia i Lletres da Universitat Autònoma de Barcelona.

       
  Celga 4
2a. convocatoria
   
 

Proba escrita
Data: 15 de novembro de 2008
Hora: 09.00h
Aula: 202
Duración: 2 horas 30 min

 

Proba oral
Data:15 de novembro de 2008
Hora: 13.00h aprox.
Aula: por determinar
Duración: 15 min cada alumno

  1a. convocatoria 25 de maio de 2008 FÓRA DE PRAZO
       
  Celga 3
2a. convocatoria
   
 

Proba escrita
Data: 22 de novembro de 2008
Hora: 09.00h
Aula: 202
Duración: 3 horas

 

Proba oral
Data: 22 de novembro de 2008
Hora: 12.30h aprox
Aula: por determinar
Duración: 15 min cada alumno

  1a. convocatoria 24 de maio de 2008 FÓRA DE PRAZO
       
  Celga 2
2a. convocatoria
   
 

Proba escrita
Data: 29 de novembro de 2008
Hora: 09.00h
Aula: 202
Duración: 2 horas

 

Proba oral
Data: 29 de novembro de 2008
Hora: 12.00h aprox.
Aula: por determinar
Duración: 10 min cada alumno

  1a. convocatoria 31 de maio de 2008 FÓRA DE PRAZO
       
  Celga 1
2a. convocatoria
   
 

Proba escrita
Data: 13 de decembro de 2008
Hora: 09.00h
Aula: 202
Duración: 2h 30 min

 

Proba oral
Data: 13 de decembro de 2008
Hora: 12.00h aprox.
Aula: por determinar
Duración: 10 min cada alumno

  1a. convocatoria 1 de xuño de 2008 FÓRA DE PRAZO
 

 

 

 

   
 

AVALIACIÓN E RESOLUCIÓN DAS PROBAS

Os centros de estudos galegos da UB e da UAB só son responsables da tramitación da inscrición para as probas e de habilitar un espazo para a realización das mesmas. Os centros de estudos galegos da UB e da UAB enviarán as probas escritas realizadas e a gravación da proba oral para que se proceda á súa avaliación á Comisión Central de Avaliación nomeada para tales efectos pola S.X.P.L. da Xunta de Galicia
Os resultados das probas publicaranse na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia no prazo de dous meses desde a realización dos exames. Figurará o DNI da persoa interesada e a cualificación "apto" ou "non apto", segundo proceda.
Logo da publicación dos resultados poderase solicitar a revisión das probas á Comisión Central de Avaliación que adoptará a resolución definitiva. Este servizo pódese solicitar mediante un escrito dirixido á S.X.P.L. ou cun correo ao enderezo sxpl.formacion@xunta.es.

Listaxe provisional dos resultados da 2da convocatoria (aínda non dispoñible).

   
   
 

COMO SE PAGAN AS TAXAS PARA O DEREITO A EXAME?

Para ter dereito ao exame débese pagar 15,30 € por cada proba de nivel ao que se queira matricular. Podes pagar estas taxas de dous xeitos.

PRESENCIAL. É a forma obrigatoria de pagamento para as persoas que non teñan conta en Caixa Galicia e/ou Caixanova.

1. Enche e imprime modelo AI Autoliquidación da Oficina Tributaria da Consellería de Economía e Facenda. Os códigos que se piden son os seguintes:

Consellería de: Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Código 04
Delegación de: Servizos centrais. Código 13
Servizo de: Secretaría Xeral de Política Lingüística. Código 10
Taxa: denominación: Inscrición nas probas homologadas para a acreditación do nivel de competencia en lingua galega e mais acreditación do nivel correspondente, de ser o caso, cando se superan as probas. Código: 30 44 00

2. Acudir a calquera destas entidades bancarias a facer o pagamento das taxas. Solicita un xustificante do pago, deberás presentalo coa solicitude:
Entidades bancarias colaboradoras: Banesto, Banco Etcheverría, Banco Gallego, BSCH, Banco Pastor, Banco Popular, Banco Sabadell, Banco de Galicia, BBVA, Caixa Catalunya, Caixa Nova, Caixa Galicia, Caja España, La Caixa, Caixa Rural Lugo, Caja Madrid, Caja General de Depósitos, Caja Rural de Zamora, Ibercaja, Caja Duero.


TELEMÁTICO. Forma de pago posible só para as persoas con conta en Caixa Galicia e/ou Caixanova.
1. Acudir primeiro á páxina da Oficina Tributaria.
2. Entrar a Servizos de Acceso Libre.
3. Premer "Taxas, Prezos, Multas e Sancións" (na columna da esquerda).
4. Premer "Pago Telemático de Taxas e Prezos".
5. Seguir as instrucións do proceso de pagamento e ao final de todo imprimir o xustificante de ter aboada xa a taxa, que será o que se achegue coa solicitude.

 

 


  Filologies Gallega i Portuguesa | http://www.ub.edu/filgalport | Universitat de Barcelona