Celga: exames oficiais 2012


  1. Inscrición
  2. Entrega da documentación
  3. Realización das probas
  4. Resultados das probas
  5. Pagamento das taxas

INSCRICIÓN

O prazo de inscrición para a única convocatoria que se realizará en Barcelona remata o 3 de abril de 2012 (inclusive). Pódese inscribir para presentarse aos exames Celga calquera persoa maior de 16 anos e para todos os niveis que se desexe incluso na mesma convocatoria.

Hai que solicitar cada nivel por separado e pagar a taxa para cada un deles.

Requisitos
da inscrición para a realización das probas Celga:
1. Ser maior de 16 anos
2. Pagar as taxas (15,61€) para ter dereito a exame. Como se fai?
3. Presentar na UB os seguintes documentos:

  • fotocopia de DNI
  • formulario de solicitude cumprimentado (aquí)
  • xustificante do pago das taxas (aquí)

ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN

Malores Villanueva
Estudis Gallecs i Portuguesos, bústia 257 (Pati de Lletres)

Facultat de Filologia, Universitat de Barcelona
Gran Via de les Corts Catalanes, 585
08007 Barcelona

maloresvillanueva@ub.edu

A listaxe de persoas admitidas para presentarse publicarase 30 días antes da realización das probas en Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

REALIZACIÓN DAS PROBAS

O exame consta dunha proba escrita e unha proba oral confeccionadas pola Comisión Central de Avaliación da S.X.P.L. da Xunta de Galicia.
Hai unha data asignada pola S.X.P.L. da Xunta de Galicia para as probas escritas de cada un dos niveis nas dúas convocatorias. A hora da proba oral será publicada ao finalizar a proba escrita do nivel correspondente.
Débese acudir 20 minutos antes á proba escrita co documento de identidade e cun bolígrafo. Un/unha técnico/a avaliador/a xestionará a proba e responderá ás dúbidas das persoas examinadas no transcurso da proba.

As probas CELGA desenvolveranse na Facultat de Filosofia i Lletres da Universitat Autònoma de Barcelona (Edifici B, Campus UAB, 08193 Bellaterra - Cerdanyola del Vallès). Como chegar? PENDENTE DE CONFIRMACIÓN

Celga 4

Proba escrita
Data: 2 de xuño de 2012
Hora: 09:00h
Aula: --
Duración: 3 horas

Proba oral
Data: 2 de xuño de 2012
Hora: 13:00h aprox.
Aula: indicarase o día do exame
Duración: 15 min cada alumno

Celga 3

Proba escrita
Data: 9 de xuño de 2012
Hora: 09:00h
Aula: --
Duración: 2 horas 30 min

Proba oral
Data: 9 de xuño de 2012
Hora: 12:30h aprox.
Aula: indicarase o día do exame
Duración: 15 min cada alumno

Celga 2

Proba escrita
Data: 3 de xuño de 2012
Hora: 09:00h
Aula: --
Duración: 2 horas

Proba oral
Data: 3 de xuño de 2012
Hora: 12:00h aprox.
Aula: indicarase o día do exame
Duración: 10 min cada alumno

Celga 1

Proba escrita
Data: 10 de xuño de 2012
Hora: 09:00h
Aula: --
Duración: 2 horas

Proba oral
Data: 10 de xuño de 2012
Hora: 12:00h aprox.
Aula: indicarase o día do exame
Duración: 10 min cada alumno

 

AVALIACIÓN E RESOLUCIÓN DAS PROBAS

Os centros de estudos galegos da UB e da UAB só son responsables da tramitación da inscrición para as probas e de habilitar un espazo para a realización das mesmas. Estes centros son os encargados de enviar as probas escritas realizadas e a gravación da proba oral para que se proceda á súa avaliación á Comisión Central de Avaliación nomeada para tales efectos pola S.X.P.L. da Xunta de Galicia
Os resultados das probas publicaranse na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia no prazo de dous meses desde a realización dos exames. Figurará o DNI da persoa interesada e a cualificación "apto" ou "non apto", segundo proceda.
Logo da publicación dos resultados poderase solicitar a revisión das probas á Comisión Central de Avaliación que adoptará a resolución definitiva. Este servizo pódese solicitar mediante un escrito dirixido á S.X.P.L. ou cun correo ao enderezo
sxpl.formacion@xunta.es.

COMO SE PAGAN AS TAXAS PARA O DEREITO A EXAME?

Para ter dereito ao exame débese pagar 15,61€ por cada proba de nivel ao que se queira matricular. Podes pagar estas taxas de dous xeitos.

PRESENCIAL. É a forma obrigatoria de pagamento para as persoas que non teñan conta en Caixa Galicia e/ou Caixanova.

1. Na web da Oficina Tributaria da Consellería de Economía e Facenda encontrarás o "Modelo AI Autoliquidación de taxas". Cumpriméntao cos teus datos persoais.

Os códigos que se piden son os seguintes:

Consellería de: Educación e Ordenación Universitaria. Código 07
Delegación de: Servizos centrais. Código 13
Servizo de: Secretaría Xeral de Política Lingüística. Código 05
Taxa: denominación: "Inscrición nas probas Celga". Código: 30 44 01

Preme no botón "Obter formulario":

ATENCIÓN: Comproba previamente que o explorador que estás a usar permite a saída de xanelas emerxentes.

Preme "Aceptar" se sae a seguinte fiestra:

Sairá un documento en .pdf de tres follas cos teus datos e cos códigos especificados:

- A primeira folla é para ti, como comprobante de pagamento.

- A segunda folla é coa que quedará a entidade bancaria.

- A terceira folla é a que debes presentar á Administración, xunto coa ficha de inscrición e a copia do teu DNI.

2. Imprime o documento e acude a calquera destas entidades bancarias para facer o pagamento das taxas. Solicita un xustificante do pago, deberás presentalo coa solicitude. Entidades bancarias colaboradoras: Banesto, Banco Etcheverría, Banco Gallego, BSCH, Banco Pastor, Banco Popular, Banco Sabadell, Banco de Galicia, BBVA, Caixa Catalunya, Caixa Nova, Caixa Galicia, Caja España, La Caixa, Caixa Rural Lugo, Caja Madrid, Caja General de Depósitos, Caja Rural de Zamora, Ibercaja, Caja Duero.


TELEMÁTICO. Forma de pago posible só para as persoas con conta en Caixa Galicia e/ou Caixanova.
1. Acudir primeiro á páxina da Oficina Tributaria.
2. Entrar a Servizos de Acceso Libre.
3. Premer "Taxas, Prezos, Multas e Sancións" (na columna da esquerda).
4. Premer "Pago Telemático de Taxas e Prezos".
5. Seguir as instrucións do proceso de pagamento e ao final de todo imprimir o xustificante de ter aboada xa a taxa, que será o que se achegue coa solicitude.

 

 


  Estudis Gallecs i Portuguesos | http://www.ub.edu/filgalport | Universitat de Barcelona