Que é o Celga?
O Celga é o certificado
en lingua galega que expide a Secretaría
Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia que
acredita o coñecemento da lingua en cinco niveis: Celga 1, Celga
2, Celga 3, Celga 4 e Celga 5. Trátase dun novo
modelo de aprendizaxe, ensino e avaliación
de lingua galega que se adapta ao Marco europeo común de referencia
para as linguas definido polo Consello de Europa e no que se describen
os coñecementos e habilidades que se contemplan en diferentes niveis
para que a comunicación sexa eficaz.
Táboa de referencias co MCER:
|
Celga 1 |
Nivel A2 |
|
Celga 2 |
Nivel B1 |
|
Celga 3 |
Nivel B2 |
|
Celga 4 |
Nivel C1 |
|
Celga 5 |
Nivel C2 |
Como obteño o Celga?
Para obter o certificado de Celga 1, Celga 2,
Celga 3 e Celga 4 débese superar
unha proba oficial emitida pola Secretaría
Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Para ter dereito á proba débese formalizar unha matrícula
previa e pagar unha taxa polo dereito a examinarte. Podes consultar as
convocatorias para o presente ano e o procedemento de matrícula
aquí.
O Celga 5 unicamente se consigue por validación,
mediante un título de licenciatura, diplomatura ou equivalente,
sempre que se acompañe de certificación de que se cursaron,
polo menos, 18 créditos de lingua
galega, e se estea en posesión do Celga 4. Ver a normativa sobre a validación de estudos de galego aquí.
Onde e cando se fai o exame do Celga?
A Secretaría Xeral de Política Lingüística
da Xunta de Galicia convoca os exames para a obtención dos Celga
dúas veces ao ano en maio e novembro.
Recorda que o deseño e corrección do exame así como
a expedición do certificado é competencia da Secretaría
Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galícia,
non do centro avaliador.
Que pasa cos cursos/diplomas de Galego
Oral, Iniciación e/ou Perfeccionamento?
A partir da entrada en vigor dos Celga desaparecen
os cursos/diplomas de Galego Oral, Iniciación e Perfeccionamento.
Para que me serven os meus diplomas de
Iniciación e/ou Perfeccionamento?
Todos os diplomas obtidos ata a entrada en vigor
do novo sistema (1 de setembro de 2007) seguirán tendo nun futuro
a mesma validez que tiñan a efectos oficiais: Iniciación
para os grupos de funcionariado D e E e Perfeccionamento para A, B e C.
Os novos niveis esixidos son Celga 1 para os grupos D e E e Celga 4 para
os grupos A, B e C.
Con todo, Iniciación non é equivalente a Celga 1 nin Perfeccionamento
a Celga 4. Elevouse o nivel de coñecemento esixido ao funcionariado.
Que diferenzas hai entre os Celga e
os tres niveis de Galego Oral, Iniciación e Perfeccionamento?
Son moitas as diferenzas, pero as máis
salientables son:
1. Antes había só tres niveis e os Celga contemplan ata
cinco niveis.
2. O modelo anterior tiña validez oficial só dentro do territorio
galego e o novo modelo ten un recoñecemento europeo tanto nas horas
impartidas coma no nivel comunicativo adquirido.
3. O novo modelo céntrase nas catro destrezas comunicativas (escoitar,
falar, ler e escribir) de xeito que agora os coñecementos do código
lingüístico (gramática, fonética e léxico)
son un apoio para a comunicación.
Hai validacións para algún nivel de Celga?
O Celga 1 e Celga 2 valídanse co certificado
de ter realizado un curso de lingua e cultura galegas para estraxeiros,
de nivel inicial ou nivel intermedio respectivamente, impartidos nas universidades
de Galicia.
O Celga 5 é validado por un título de
licenciatura, diplomatura ou equivalente, sempre que se acompañe
de certificación de que se cursaron, polo menos, 18 créditos
de lingua galega, e se estea en posesión do Celga 4.
Ver a normativa sobre a validación de estudos de galego aquí.
Onde podo prepararme para as probas Celga en Barcelona?
Pódense realizar cursos preparatorios para todos os niveis Celga na EOI Barcelona-Drassanes e na UAB-Idiomes. Máis información aquí.
Onde podo ter máis información
actualizada?
Na web de Estudis Gallecs i Portuguesos na Universitat de Barcelona
ou na web da Secretaría
Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
|