|
O escritor Andrés Sorel quixo que no seu último libro Las
voces del Estrecho a literatura sexa unha arma para escaravellar e
esperta-las conciencias, e por isto escribiu un relato poético no
que lles dá voz ós centos de inmigrantes que naufragan no
Estreito.
Desde
a súa casa en Zahara de los Atunes, en Cádiz, Andrés
Sorel, na actualidade secretario xeral da Asociación Colexial de
Escritores Españois, foi testemuño directo dos intentos de
centos de inmigrantes africanos por alcanza-la costa española.
"Ser
testemuña da monstrosidade que se fai con esta xente, as miñas
viaxes a Ceuta e Marrocos, as lecturas de libros árabes, e investigacións
en prensa, leváronme a tomar un compromiso para poder converte-la
miña angustia en testemuño'', explicou onte o autor durante
a presentación do libro.
En Las
voces del Estrecho, editado por Muchnik, o autor acerca ó lector
uns feitos que cada vez son máis cotiáns e máis terribles
e que, segundo el mesmo precisou, "cada vez son máis indiferentes
á sociedade atrapada no mundo do espectáculo, da imaxe e
da suplantación''.
"Intentei
—continúa— face-las mil e unha noite daqueles que nunca saberemos
quén son, dos que non teñen voz pero si unha vida detrás,
nun relato coral construído como unha orquestra de voces'', matizou
o escritor.
|