Logo Universitat de Barcelona Servizos Lingüísticos imatge de maquetació
Páxina anterior SL UB imatge de maquetació
        Inici               Recursos             Itineraris             Activitats culturals             Propostes culturals a Barcelona             Inscripció             Enllaços      
imatge de maquetació
Non catalanfalantes
Bolsa de intercambio de conversa
Que é a Bolsa de intercambio de conversa?
Por que participar?
Como funciona?
Que se espera dos participantes?
Que linguas se irán usar?
Consideracións xerais e requisitos de participación
Formulario de inscrición
Relación de inscritos por idioma
imatge de maquetació
Másis información

Universidade de Barcelona
Servizos Lingüísticos
imatge de maquetació   imatge de maquetació
 

BOLSA DE INTERCAMBIO DE CONVERSA

• Que é a Bolsa de intercambio de conversa?

Trátase dun sistema de intercambio de conversa de catalán por diferentes linguas do mundo que funciona entre estudantes da UB.
 
Inscribirte na bolsa pódeche permitir participar nun intercambio de conversa regular cun compañeiro de estudos. Máis concretamente, pomos en contacto estudantes cataláns que queiran mellorar o seu nivel falado dunha lingua estranxeira con estudantes novos en Cataluña que desexen coñecer ou perfeccionar a lingua catalá a través dun contacto personalizado.


• Por que participar?

Por un lado, coa túa participación mellorarás a comprensión ou a fala do catalán que podes ter aprendido nos cursos de balde ofrecidos nos Serveis Lingüístics. Deste xeito, vas coñecer mellor a realidade sociolingüística de Cataluña e poderás seguir con maior facilidade as clases que se fan en catalán na UB. Por outro lado, contribúes a facer que os estudantes cataláns poidan practicar e aprender a lingua que ti ofreces.


• Como funciona?

A bolsa organízase da seguinte maneira:

1. Os estudantes que queiran participar na Bolsa cómpre que enchan o formulario que lles corresponde desde a web.

2. Conforme coas solicitudes que recibamos estableceremos grupos ou parellas de estudantes que, na medida que sexa posible, partillen os mesmos estudos e gustos ou intereses semellantes e que van intercambiar conversa de catalán con calquera outra lingua.

3. Organizamos o primeiro encontro entre os estudantes que participan no intercambio nun espazo da UB.

4. Consoante o primeiro encontro, os estudantes establecen un horario e un espazo máis ou menos fixos para o intercambio.

5. Os estudantes comezan a actividade en encontros regulares e poden participar nas actividades da Xincana de la Bolsa de intercambio lingüístico.



• Que se espera dos participantes?

1. Que se comprometan a empregar a lingua que ofrecen no intercambio.

2. Que nos comuniquen calquera incidencia significativa que poida xurdir durante o intercambio.

3. Que nos informen da finalización do intercambio e enchan un formulario de avaliación e/ou fagan unha breve valoración da actividade por escrito.


• Que linguas se irán usar?

En principio, espérase que cada participante se comprometa a empregar a lingua que ofrece, polo que foi seleccionado para o intercambio. Iso non quere dicir que se exclúa o emprego de linguas terceiras. O intercambio lingüístico, éo nun sentido amplo, xa que non se limita o uso de ningunha lingua sempre que se garanta a utilización preferente da lingua catalá, conforme á motivación central desta actividade.


• Consideracións xerais e requisitos de participación

1. Para participar no intercambio e no resto de actividades cómpre ser estudante da UB.

2. Encher a solicitude de intercambio non garante poder levar a termo o intercambio.

3. No caso de que haxa un desinterese manifesto por parte dalgún dos estudantes participantes, os Servizos Lingüísticos resérvanse o dereito de retirarlle a praza, e de procurar un novo compañeiro para o estudante que aínda estea interesado.

4. Todos os solicitantes, teñan praza ou non, poden participar nas diversas actividades lúdicas e culturais que se organizan ao longo do curso.


• Formulario de inscrición

Nome:
Apelido(s):
Enderezo:
Teléfono(s):
E-mail:
Estudos na UB:
Facultade da UB:

 
Programa de intercambio:

Universidade de orixe:
Nacionalidade:


Indica os idiomas que desexes ofrecer e o nivel de cada un deles:

  Idioma Nivel  
Primeiro idioma
Segundo idioma
Terceiro idioma

Outros idiomas:

Nivel de catalán:
Nulo   Inicial   Medio   Avanzado  

Data de chegada a Barcelona:
 (dd/mm/yyyy)

Data de partida:
 (dd/mm/yyyy)

Frecuencia de intercambio:
Dúas veces por semana   Unha vez por semana   Cada quince días  


Dispoñibilidade horaria:



Comentarios:

 

• Relación de inscritos por idioma

 

Número de inscritos e participantes
Catalanfalantes inscritos:  800
Non Catalanfalantes inscritos:  322
Persoas que intercambian algunha lingua:  181

Número de inscritos e participantes por idioma

CATALANFALANTES
 
Lingua solicitada Número de solicitantes Catalanfalantes que xa están de intercambio
Alemán 73 20
Árabe 12 1
Castelán 7 0
Chinés 7 1
Danés 1 1
Éuscaro 1 1
Finés 5 1
Francés 72 14
Galego 2 0
Grego 5 1
Hungarés 1 0
Inglés 461 21
Italiano 48 19
Neerlandés 5 0
Noruegués 5 1
Polonés 6 2
Portugués 12 4
Romanés 5 1
Ruso 9 0
Sueco 5 4
Xaponés 12 0

NON CATALANFALANTES
 
Lingua ofertada Número de ofertantes Non catalanfalantes que xa están de intercambio
Alemán 40 17
Árabe 3 1
Castelán 13 1
Chinés 6 0
Danés 3 1
Éuscaro 1 1
Finés 1 1
Francés 29 15
Galego 3 0
Grego 5 3
Inglés 42 13
Italiano 41 16
Neerlandés 2 2
Noruegués 5 2
Polonés 12 3
Portugués 11 4
Romanés 7 1
Ruso 4 1
Sueco 5 5
Turco 2 0
Xaponés 1 0


  imatge de maquetació
imatge de maquetació
imatge de maquetació © Universitat de Barcelona Edición: Servizos Lingüísticos
Última actualización ou validación: 10.11.2009
imatge de maquetació