Skip to main content

As letras das mulleres: monografía temática do CDIF-Consello da Cultura Galega

Helena GONZÁLEZ FERNÁNDEZ (coord.)
Ánxela LEMA,
María REIMÓNDEZ,
Ana ROMANÍ,
Susana SÁNCHEZ ARÍNS,
Iolanda VELOSO,
Dolores VILAVEDRA,
Mariám MARIÑO COSTALES (doc.),
Cristina MOURIÑO (doc.)
Compostela: Consello da Cultura Galega
2025

A incorporación das escritoras ás institucións literarias suscita múltiples tensións sobre a lexitimidade, a paridade, o recoñecemento e as prácticas diverxentes. Estes debates sobre as estruturas culturais repercuten tamén na esfera social e provocan reaccións e campañas, particularmente no activismo feminista. Máis concretamente, esta monografía mostra reflexións e documentos sobre a participación das creadoras e intelectuais na celebración do Día das Letras Galegas e na Real Academia Galega.
 

As achegas das expertas aportan argumentos para actualizar o debate. Ana Romaní e Ánxela Lema ofrecen unha mirada crítica sobre as incomodidades que xorden arredor das autoras homenaxeadas nas Letras Galegas mentres que Susana Aríns aborda unha iniciativa feminista popular para o recoñecemento de autoras das letras galegas vivas. Co foco posto na Real Academia Galega, as contribucións de Iolanda Veloso, Dolores Vilavedra e María Reimóndez fan memoria de dúas campañas realizadas entre 2010 e 2011 para instar á elección de máis mulleres como académicas de número. E a política de lavado lila (purplewashing) da RAG no ano da súa fundación, en 1906, ocupa a achega histórica de Helena González.

A documentación histórica recollida no apartado “escritas no tempo”, recupera iniciativas de diverso signo que reivindican unha maior presenza de mulleres nas institucións literarias: a proposta de candidatura de María Xosé Queizán feita polo Consello Municipal da Muller de Vigo en 2010; o manifesto “O xogo das cadeiras” e as reaccións que provocou en 2011; os manifestos da celebración anual “Nosa Señora das Letras” d’A Sega desde 2014; a campaña “Dez mulleres para as Letras Galegas 2018”; e mais o “Manifesto de Soutomaior” publicado en 2021.

Ofrécense tres galerías gráficas: Académicas desde 1906, homenaxeadas no día das Galegas nas Letras d'A Sega e mais no Día das Letras Galegas da RAG. Singularizan cada unha das autoras e intelectuais elixidas á vez que ofrecen unha liña do tempo do recoñecemento institucional que pon en evidencia as carencias e interrupcións.

 

CONTIDOS

 

ACHEGAS EXPERTAS

Cantan as letras delas? De Rosalía de Castro ás cantareiras, Ana Romaní

Jo, que horror!, Ánxela Lema París

Purplewashig na Academia Galega de 1906? O caso das finadas Carmen Beceiro e Rita Corral, Helena González Fernández

Por enriba do persoal, o político, María Reimóndez

Sementar a literatura que queremos, Susana Sánchez Aríns

O xogo das cadeiras: imaxinar outro país posible, Dolores Vilavedra

Unha academia propia, Iolanda Veloso

INSTANTÁNEAS

Académicas desde 1906

Homenaxeadas no Día das Galegas nas Letras

Homenaxeadas no Día das Letras Galegas

ESCRITAS NO TEMPO

1906. Boletín de la Academia Gallega, n. 2, p. 1-3 

1907. La mujer gallega, Mercedes Vieito Bouza

1970. Las academias y las mujeres, Álvaro Cunqueiro

2006. As mulleres na Real Academia Galega, Rosario Álvarez Blanco

2006. As letras galegas -non só- na viradeira violeta, Helena González Fernández

2010. Candidatura de María Xosé Queizán

2010. Dossier do Consello Municipal da Muller de Vigo

2011. O Xogo das Cadeiras: manifesto e textos do debate

2014. Manifestos d'A Sega para a celebración do Día das Galegas nas Letras (2014-2024)

2017. Dez mulleres para as Letras 2018, Marcos Pérez Pena

2021. O manifesto de Soutomaior

2023. Zapadoras, navegadoras, insubmisas... Escritoras no ronsel do 'Eu tamén navegar', Helena González Fernández

2023. Dossier Letras Galegas Vivas

2024. Cinco escritoras en 60 anos do Día das Letras Galegas, Marga Tojo

VÍDEOS

LIGAZÓNS

 

 

https://www.ub.edu/adhuc/ca/node/6083