Skip to main content

A revolta dos caracois

Helena GONZÁLEZ FERNÁNDEZ & Mariám MARIÑO COSTALES (coord. & ed.)
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / ADHUC-Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat
2026

Preséntanse aquí os 2 números publicados de A revolta dos caracois, editados por Sodoma e Rizoma. Revista de pensamento anarco queer, antisiquiátrico e antiautoritario. Publicación dixital con tirada impresa, en branco e negro con algunhas imaxes a cor, ilustrada e editada por Sodoma e Rizoma. Comprende un total de dous números aparecidos entre 2010? e 2011. Non está estruturada en seccións porén nas dúas entregas aparece un espazo dedicado á pornopoesía. Inclúe contidos vinculados coa transexualidade, o pornoterrorismo, a antisiquiatría, a intersexualidade, a prostitución, o poliamor e o movemento queer. As achegas do n. 1 son anónimas, na súa maioría, mentres que no n. 2 a maior parte presentan autoría. Non consigna ano de edición.


 

Sobre a edición dixital

A edición dixital, publicada en 2026, inclúe: resumo e datos da cabeceira; edición dixital íntegra en pdf; índice, índice documentado e resumo de cada número.

 

Esta edición dixital é un resultado do GRC Creació i pensament de les dones.

https://www.ub.edu/adhuc/ca/node/6167