Andaina [3ª época]
Presentamos aquí os nove números, publicados entre 2014 e 2024, da terceira e derradeira época de Andaina. Revista galega de pensamento feminista, creada en 1983, a publicación periódica feminista máis lonxeva do ámbito ibérico. Presenta un consello de redacción que se vai renovando parcialmente. Del forman parte Nadia Álvarez Fernández, María Araujo Pires, Ana Arellano, Patricia Arias Chachero, Celia Balboa Guerra, Ana Luísa Bouza Santiago, Sara Doval, Zélia Garcia, Luz García Vigo, Laura Gómez Lorenzo, María Teresa Gómez Louzao, Natividad Paramá Ferreiro, Pilar Pérez Rey, Aida Raíndo Vázquez, Laura Rodríguez Martín, Saleta de Salvador Agra, Nanina Santos, Iria Vázquez e Estrela Villaverde. Muda a periodicidade, que pasa a ser anual. Mantén o obxectivo de difundir e animar o debate arredor de posicións, accións e propostas das teorías feministas e LGTBIQ+. A revista destaca as denuncias de agresións, desigualdade e discriminación, en particular as que atinxen ás mulleres e persoas LGTBIQ+, recolle a súa memoria e ofrece contribucións relevantes para unha historia das mulleres, dos feminismos e da propia publicación.
Sobre a edición dixital
A edición dixital, publicada en 2025, inclúe: resumo e datos da cabeceira; edición dixital íntegra en pdf; índice, índice documentado e resumo de cada número.
Esta edición dixital é un resultado do GRC Creació i pensament de les dones.