Skip to main content

Fluxos. Anuario galego de estudios gais e lésbicos

Helena GONZÁLEZ FERNÁNDEZ & Mariam MARIÑO COSTALES (coord. & ed.)
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / ADHUC-Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat
2019

Publicación dedicada ao estudo e a reflexión sobre a cuestión homosexual e as irrupcións que supoñen a experiencia e representación de gais e lesbianas. Publicou dous números, en 1998 e nos anos 1999-2000. Estrutúrase en tres seccións: artigos, notas e recensións. A portada inclúe imaxes, en branco e negro con representacións da masculinidade gai. Os interiores están impresos en tinta negra sobre papel branco. Os números non están ilustrados agás nun artigo sobre arte e SIDA. Redactada en galego.

Sobre a edición dixital

Présentanse aquí a edición completa (2 números) de Fluxos. A edición dixital, publicada en 2019, inclúe: resumo e datos da cabeceira; edición dixital íntegra en pdf; índice, índice documentado e resumo de cada número. 

Esta edición dixital é un resultado dos proxectos Tránsfugas y parias modernas: género y exclusión en la cultura popular del s. XXI (FEM2017-83974-P MINECO/AEI/FEDER, UE) e Diversidad de género, masculinidad y cultura en España, Argentina y México (FEM2015-69863-P). 

https://www.ub.edu/adhuc/es/node/5376