Skip to main content

Galiza nación cuir

Helena GONZÁLEZ FERNÁNDEZ & Mariám MARIÑO COSTALES (coord. & ed.)
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / ADHUC-Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat
2025

Preséntanse aquí un total de 5 números de Galiza Nación Cuir. Fanzine da Comisión de Sexo, Xénero, Diversidade e Políticas LGBTQI da Galleira, de Ourense. Creouse como instrumento para o activismo pola diversidade sexual e de xénero en Galicia e na procura da resistencia desde as marxes. De orientación feminista, independentista, decolonial e socialista, ten o obxectivo de recoller e promover os debates vixentes da teoría cuir (queer) do transfeminismo, da ruralidade, da gordofobia e da diversidade funcional, entre outros.

 

Sobre a edición dixital

A edición dixital, publicada en 2025, inclúe: resumo e datos da cabeceira; edición dixital íntegra en pdf; índice, índice documentado e resumo de cada número.

 

Esta edición dixital é un resultado do GRC Creació i pensament de les dones (2021 SGR 01097). 

https://www.ub.edu/adhuc/es/node/6097