Skip to main content

O aturuxo. Boletín da Coordinadora de Colectivos Gais de Galicia (CC.GG.)

Helena GONZÁLEZ FERNÁNDEZ & Mariam MARIÑO COSTALES (coord. & ed.)
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / ADHUC-Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat
2020

 

Sobre a edición dixital

Preséntase aquí O aturuxo, editada pola Coordinadora de Colectivos Gais de Galicia (CC.GG.) entre xaneiro e xuño de 1981. Inclúe novas sobre accións e reivindicacións a prol da liberdade sexual nos ámbitos social e organizativo, particularmente as que levan a cabo as organizacións galegas. Recolle denuncias por homofobia e contra a moral sexual heteronormativa. Publica catro entregas no primeiro semestre de 1981. As dúas primeiras destacan a palabra “unitario” na cabeceira. Todos os números van ilustrados con imaxes de campañas realizadas, retallos de xornais e documentación do propio movemento, así como fotografías e debuxos de creación homoerótica e feminista. No número 1 aparece a sección “Lesbianismo”, que, a partir do número 2, se indica co debuxo dunha bolboreta. Redactada habitualmente en galego, inclúe textos en castelán. Está impreso a unha tinta e o volume de páxinas aumenta en cada número. Non recibe subvencións, carece de publicidade; a partir do número 2 inclúe boletín de subscrición. No exemplar localizado do número 3 faltan as páxinas 10 e 11.

A edición dixital, publicada en 2020, inclúe: resumo e datos da cabeceira; edición dixital íntegra en pdf; índice, índice documentado e resumo de cada número.

Esta edición dixital é un resultado do proxecto "Tránsfugas y parias modernas: género y exclusión en la cultura popular del s. XXI" (FEM2017-83974-P).

https://www.ub.edu/adhuc/es/node/5502