Skip to main content

A Saia

Helena GONZÁLEZ FERNÁNDEZ & Mariam MARIÑO COSTALES (coord. & ed.)
Adina Mocanu,
Jennifer Rodriguez,
Kike Benlloch,
Miguel Alonso Fachado
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Centre Dona i Literatura / ADHUC
2014

Publicación anual en galego, ilustrada, editada en Santiago de Compostela co subtítulo Boletín do Colectivo Feminista Independente Galego. Publícanse dous números: marzo de 1982 e xaneiro de 1983. A revista, situada na liña do feminismo da diferenza, pretende ser un espazo crítico para o debate e o pensamento feministas en xeral e para a creación literaria e artística das mulleres en concreto. Trátanse temas como a sexualidade, relacións persoais, poder e nacionalismo. Ten formato de boletín de 8 páxinas, e imprímese a unha soa cor. Recolle ilustracións de elaboración propia e de artistas.

Sobre a edición dixital

No marco da chamada terceira onda do movemento feminista, a revista A Saia. Boletín do Colectivo Feminista Independente Galego que aquí se presenta cumpre un papel histórico fundamental no contexto galego ao ser a primeira revista feminista editada integramente en galego e con consciencia de país entre marzo de 1982 e xaneiro de 1983 en Compostela. Son as mulleres compoñentes do Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG), as encargadas de editar os dous números que completan a colección e nos que elas propias ou colaboradoras especializadas nos temas propostos, abordan temas culturais, sociais e políticos desde olladas críticas feministas e, máis concretamente, desde o feminismo da diferenza. A edición dixital, publicada en 2014 e revisada en 2016 e 2016, inclúe: resumo e datos da cabeceira; edición dixital íntegra en pdf; índice, índice documentado e resumo de cada número. 

Esta edición dixital é un resultado do proxecto "Teoría de las emociones y el género en la cultura popular" (FEM2014-57076-P).

https://www.ub.edu/adhuc/es/node/3472