Skip to main content

Lúa nova

Helena GONZÁLEZ FERNÁNDEZ & Mariam MARIÑO COSTALES (coord. & ed.)
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / ADHUC-Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat
2019

Boletín de periodicidade descoñecida editado pola Asociación Galega da Muller de Ferrol (AGMF) a partir de 1986 (data atribuída). Ten como obxectivo dar a coñecer e informar sobre o ideario da AGM, difundir as actividades da organización, xerar debate contra o patriarcado e espallar as actividades e opinións feministas. O número localizado está impreso en multicopista, tinta negra sobre papel branco, páxinas grampadas e carece de ilustracións. Aparece redactado integramente en galego.

Sobre a edición dixital

Présentase aquí o único número localizado de Lua nova, publicado, probablemente, en 1986, pola Asociación Galega da Muller de Ferrol (AGMF). Xorde co obxectivo de informar e xerar debate sobre a actualidade feminista e da organización. Fai un chamamento ás mulleres para colaborar no boletín. A edición dixital, publicada en 2019, inclúe: resumo e datos da cabeceira; edición dixital íntegra en pdf; índice, índice documentado e resumo de cada número. Esta edición dixital é un resultado do proxecto "Teoría de las emociones y el género en la cultura popular" (FEM2014-57076-P).

https://www.ub.edu/adhuc/es/node/5313