Skip to main content

as + perralheiras: a voz escrita das MariBolheras Precárias

Helena GONZÁLEZ FERNÁNDEZ & Mariam MARIÑO COSTALES (coord. & ed.)
Jorge Carrillo Flores
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / ADHUC-Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat
2019

as + perralheiras, subtitulada A voz escrita das MariBolheras Precárias (MBP), é unha revista festiva queer da Coruña. Publica 5 números entre 2005 e 2006. Inclúe seccións de entrevistas, enquisas, informacións, accións artísticas, escolma de prensa, e consellos na sección “Amor e truquiños”. A portada e contraportada inclúen imaxes, a cores, de artivismo queer, protagonizadas por integrantes das MBP. Todos os números están ilustrados con fotografía e infografía en branco e negro. Redactada habitualmente en galego, inclúe algúns textos en castelán. 

Sobre a edición dixital

Présentanse aquí a edición completa (5 números) de as + perralheiras. A edición dixital, publicada en 2019, inclúe: resumo e datos da cabeceira; edición dixital íntegra en pdf; índice, índice documentado e resumo de cada número. 

Esta edición dixital é un resultado dos proxectos Tránsfugas y parias modernas: género y exclusión en la cultura popular del s. XXI (FEM2017-83974-P MINECO/AEI/FEDER, UE) e Diversidad de género, masculinidad y cultura en España, Argentina y México (FEM2015-69863-P). 

https://www.ub.edu/adhuc/es/node/5375