Skip to main content

Maria Soinha

Helena GONZÁLEZ FERNÁNDEZ & Mariam MARIÑO COSTALES (coord. & ed.)
Mariám Mariño Costales,
Guillermo Manuel Corral Manzano
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / ADHUC-Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat
2018

Fanzine de denuncia feminista con periodicidade descoñecida edita polo Frente Feminista de Ferrol Maria Soinha. Impreso en negro sobre papel de cor salmón cos cantos da dereita recortados e textos manuscritos. Está redactado integramente en galego.

Sobre a edición dixital

Preséntase aquí o único número recuperado de Maria Soinha, con data de publicación aproximada de 1996. Trátase dun boletín de denuncia feminista que conta con numerosas ilustracións e banda deseñada de elaboración propia e información da organización que o edita, o Frente Feminista de Ferrol Maria Soinha (nos comezos María Solinha). Este grupo de loita feminista autónoma, independente, revolucionaria e utópica, creada a comezos de 1994 por exmilitantes da AGM, ten como obxectivo “dar umha resposta teórica e prática ao avanço da reaçom e à subtil assimilaçom do feminismo polo sistema imperante” (tirado do comunicado de presentación, con data 18/02/1994). A edición dixital, publicada en 2018, inclúe: resumo e datos da cabeceira; edición dixital íntegra en pdf; índice, índice documentado e resumo de cada número. 

Esta edición dixital é un resultado do proxecto "Teoría de las emociones y el género en la cultura popular" (FEM2014-57076-P).

https://www.ub.edu/adhuc/en/node/5164