Skip to main content

Recuperemos as mans. Evidencias

María Xosé QUEIZÁN / Helena GONZÁLEZ FERNÁNDEZ (ed.)
Carme ADÁN,
Rosario ÁLVAREZ,
Marga DO VAL
Compostela: Consello da Cultura Galega
2025
978-84-17802-70-7 / DOI: 10.17075/rme.2025

Esta edición conmemorativa de Recuperemos as mans (1980) e Evidencias (1989) quere recuperar, poñer en valor e difundir dúas contribucións imprescindíbeis de María Xosé Queizán como pensadora galega ao debate feminista. O seu primeiro libro de ensaios titúlao A muller en Galicia (1977). Alí revisa o papel das mulleres na antropoloxía e na teoría marxista desde un marco teórico formado polo feminismo materialista, o pensamento decolonial e o nacionalismo, e, sobre todo, establece un paralelismo entre a situación da nación e da lingua galegas coa muller. Mais, nos anos seguintes, prodúcese na escritora un xiro cara ao feminismo independente, sen dúbida como consecuencia dos intensos avances que se están producindo no movemento organizado, tanto en Galicia como no Estado español, e nos que Queizán participa. Boa mostra dese momento son os títulos que reeditamos. Neles compróbase que boa parte das cuestións que constitúen preocupacións aínda no noso presente aparecían xa naquel momento: diferenza sexual, familia, participación na esfera pública, violencia contra as mulleres, lesbianismo, poder, valor, lingua, corpo e desexo, amor, escrita das mulleres... Esta edición conmemorativa publícase co gallo do aniversario de María Xosé Queizán. O agasallo non é só recuperarmos os libros, senón adentrármonos na súa lectura: na lectura de dous clásicos do pensamento feminista galego.

 

ÍNDICE

PRESENTACIÓNS   6

Silencio?: festa de palabras, Rosario Álvarez   7

O pensamento emerxe do corpo, Carme Adán   11

Comunicar, transmitir, transgredir, Marga do Val   17

«Digo independencia e non autonomía»: teoría, praxe, feminismo, nación, Helena González Fernández   27

Sobre esta edición   43

 

RECUPEREMOS AS MANS (1980), María Xosé Queizán   43

A escravitude das mulleres   45

   Mulleres-escravas

   A escravitude feminina

Medio de produción doméstico   69

A familia   79

Recuperemos as mans   87

Á procura da nosa imaxe e valorización   101

A destrución do poder   113

Independencia feminina e independencia nacional   125

 

EVIDENCIAS (1989), María Xosé Queizán

Limiar   137

Lingua e identidade   139

   O segredo das palabras

   A lingua galega e a muller

A paixón do canto   179

   Literatura silenciada

   O amor na obra poética de Rosalía

   O feminismo nas trobadoras provenzais e nas cantigas de amigo

   Cancións de muller na antiga Provenza

Da escravitude á independencia    124

   Feminismo e epicureísmo

 

NOTAS   237

 

https://www.ub.edu/adhuc/ca/node/6054