DÁMOSCHE A BENVIDA Á UNIVERSITAT DE BARCELONA
Estás pensando en vir facer unha estada á UB ou acabas de chegar e es dalgún lugar de fóra do ámbito lingüístico catalán?
Se é así, seica tes moitas preguntas sobre a lingua e a cultura que atoparás. Nesta web facémosche unha presentación xeral da lingua catalá e do uso das linguas na UB e explicámosche como podes aprender catalán facilmente e coñecer estudantes cataláns e de moitas partes do mundo. E se es estudante ou PDI local e queres colaborar connosco, tamén temos un espazo para ti.
Acompáñasnos?
Temos catro itinerarios para darmos unha boa acollida a
todo o mundo: escolle o teu perfil e comecemos.
Son estudante de mobilidade e fago unha estada temporal na UB.
Erasmus SICUE Global UB Mobility Global Faculty UB Grupo Coímbra Study Abroad
Son estudante de fóra e curso estudos completos na UB.
Grao Posgrao Máster Doutoramento
Son estudante ou PDI local e quero ser voluntario de acollida.
Grao Posgrao Máster Profesorado Investigación
Aprender catalán na UB
Cursos
Cando chegas a Barcelona, a UB ofréceche un curso de catalán inicial (A1) semigratuíto. Podes facelo intensivo antes de comezar o semestre o, se o prefires, extensivo durante o curso.
Hai una grande oferta de horarios e, ademais, cada curso inclúe actividades culturais. Unha vez feito o A1, se o aprobas, podes facer o seguinte nivel (A2) totalmente gratis (Só para estudantes da UB).
CATclub
Estás a estudar catalán e gustaríache practicalo nun contexto informal e facendo visitas e actividades por Barcelona?
Ven ao CATclub, unha comunidade de estudantes internacionais interesados en descubrir a lingua e a cultura catalás durante a súa estada na UB e deestudantes locais que os acompañan como voluntarios.
Bolsa de intercambio lingüístico
Se es estudante de mobilidade e queres practicar catalán, atopámosche unha parella lingüística. Se es estudante local e queres practicar unha terceira lingua, tamén.
Vós escolledes como e cando quedades. A primeira vez, nós tamén estaremos, para acompañarvos e darvos ideas.

A lingua catalá
Se queres información xeral sobre a lingua catalá e o seu uso e estatus no ámbito universitario, podes visitar o portal Lingcat, que ten como obxectivo resolver as principais dúbidas sobre a realidade sociolingüística de Cataluña —e da área de fala catalá en xeral— e sobre como se reflicte esta realidade na vida universitaria.

Transparencia lingüística na UB
A transparencia lingüística é esencial para garantir os dereitos lingüísticos de todos os membros da UB. Basicamente consiste en facer pública a información sobre a lingua de docencia das materias, co compromiso de que esta información sexa vinculante. Tes toda a información na páxina de transparencia lingüística.
Tes dúbidas?
Se unha vez lida a información aínda tes dúbidas, podes utilizar estes enderezos de consulta:
- cursos de catalán inicial (A1 e A2): sl.catala.inicial@ub.edu
- cursos superiores (B1 a C2): sl.formacio@ub.edu
- acollida lingüística de catalán (CATclub, intercambio lingüístico, etc.): sl.acollida@ub.edu



